Carta abierta a las istituciones públicas gallegas

La AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) ha redactado la siguiente carta ante los recortes en inversión cultural del actual gobierno gallego, que suprime ayudas diversas al mundo del cómic gallego.

La carta está en galego, pero creo que es perfectamente legible (el gallego escrito no ofrece a priori excesivas diferencias con un castellano) y prefiero trasladarla literalmente a este blog:

 

Estimados responsables dos departamentos de Cultura das diferentes administracións públicas de Galicia:

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración quere denunciar publicamente a situación de esquecemento (NDT: olvido) e desatención que está a sufrir o medio gráfico, especialmente as especialidades que competen á nosa asociación profesional, a ilustración e a banda deseñada, por parte das administracións públicas.

Coñecemos perfectamente o difícil momento da economía actual e sabemos dos argumentos a favor dos recortes orzamentarios, mais non por iso podemos deixar de lamentar profundamente que sexa á cultura a quen primeiro e con maior despreocupación se lle apliquen ditos recortes.

Preocúpanos a paulatina desaparición dos xa de partida escasos apoios específicos á ilustración e a BD nestes últimos tempos. En 2010 anunciouse publicamente por parte da Xunta de Galicia un orzamento de 600.000 euros destinado á banda deseñada a través de diversos medios: axudas directas a editoriais, compras a librarías, fornecemento do fondo das bibliotecas, actividades de fomento da lectura, axudas á creación, etc. Polo que sabemos, nunca se chegou a investir esa cantidade de diñeiro, xa que a maior parte deses plans non se levaron a cabo. Un dos investimentos que si nos consta que se fixo nese momento foi o das bolsas á creación de BD, pero naceron con graves deficiencias nas súas bases, polo que en 2011 ían transformarse nuns premios de novela gráfica profesional que corrixiría eses defectos. Non obstante, esta nova convocatoria non chegou a cristalizar, e quedou orfo este espazo que noutras comunidades autónomas si está atendido.

Temos aínda o prestixioso premio Castelao de BD da Deputación de Coruña, o único de nivel profesional e o que ten a maior dotación económica de Galicia, mais xa se están a escoitar propostas para recortalo, de forma que a convocatoria sexa bienal en troques de anual como ata o de agora. Isto empobrecería considerablemente o panorama do cómic galego.

Xa á altura do derradeiro terzo deste ano, aínda non se convocou o certame Xuventude Crea da Xunta de Galicia, que abrangue a banda deseñada, entre outras moitas disciplinas artísticas, e constituíu ata o momento un importante apoio para os novos creadores. Todo parece indicar que este ano non se convocará, aínda que non hai ningunha comunicación oficial ao respecto, que saibamos.

Do que acabamos de ter noticia é da cancelación das convocatorias de subvención da Xunta a asociacións culturais, ás que esta asociación que presido se presentaba para tentar de acadar financiamento para desenvolver as súas actividades a prol da ilustración gráfica galega e do seu colectivo profesional.
Desde AGPI consideramos que todas estas desatencións están a depauperar considerablemente o xa exiguo caldo de cultivo da creación gráfica en Galicia. Se é triste que non xurdan novos e necesarios premios, concursos e axudas, máis o é que desaparezan os xa existentes.

A ilustración e a BD son manifestacións e industrias culturais que contaron en Galicia con importantes figuras no pasado —sobra mencionar a Castelao, Seoane, Maside, Cebreiro…—, que tamén na actualidade contan con destacados profesionais de todas as disciplinas a traballar en ámbitos nacionais e internacionais, e con constantes recoñecementos pola súa obra. É preciso continuar cimentando as bases, xerando cultura,  protexendo aos creadores, construíndo pontes entre o seu traballo e o público que gozará, aprenderá, sentirá, rirá, chorará, lembrará ou se ilusionará coas súas creacións.

Na AGPI queremos que esta carta sirva para recordarlles a todos vostedes que estamos aquí, que seguimos creando e que con apoios ou sen eles a ilustración galega seguirá na primeira liña da creación, polo que lles pedimos que non se esquezan desta disciplina artística e dediquen os seus esforzos nestes tempos difíciles a apoiala.

Santiago Gutiérrez,
Presidente da AGPI


Mis nanoespías confirman que los responsables de cultura de la Xunta de Galicia ya se han limpiado el ojete con dicha carta y tirado con contundencia de la cadena…

Be Sociable, Share!

1 comentario Dejar comentario

1 Trackbacks

  • Octavio Beares - ¿Te gusta el cómic? entonces ESTO ES IMPORTANTE, LÉELO Y DIFÚNDELO: Carta abierta a las istituciones públicas gallegas http://t.co/3R7DG2aM

Escribir un comentario